Sunday 05 de May de 2024

A Deputación segue sen emendar os fallos na senda peonil da estrada Rorís-Anzobre


Alternativa dos Veciños de Arteixo volve solicitar á Deputación Provincial que solucione canto antes as aberracións cometidas na construción da senda peonil na estrada DP-0507 que conecta os núcleos de Rorís e Anzobre, xa que é un auténtico escándalo que se finalice a obra nas condicións nas que se fixo. A Deputación e o Concello de Arteixo seguen sen poñer solución ás aberracións cometidas na construción da senda peonil na estrada DP-0507 que conecta os núcleos de Rorís e Anzobre.

Unha obra que se realizaba para mellorar a seguridade viaria nun tramo perigoso e no que existen numerosas vivendas e principalmente unha escola infantil, pero que finalmente o que se fixo foi unha foi unha autentica chapuza sen precedentes.

“Parece incrible que a día de hoxe a situación siga sendo a mesma. Fai máis de sete meses que o Presidente da Deputación comprometeuse no pleno para solucionar esta chapuza, pero de momento non se fixo absolutamente nada. Se cadra están a esperar a que suceda unha desgraza para logo actuar” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Calquera diría que a Deputación da Coruña está gobernada polo PSOE e o Concello de Arteixo polo PP, xa que ambas as administracións actúan da mesma maneira” matiza Juanfran Martínez.